RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Paco Zas cumpre "un soño" e fala da importancia de "respectar á canteira"

Paco Zas atendeu aos medios de comunicación no Salón Gaviota de Palexco onde se celebrou a Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas da que saíu elixido novo presidente do RC Deportivo.

O novo máximo mandatario lembrou que empezou a xogar no Deportivo "aos 12 anos e estiven practicamente toda a miña vida deportiva aquí, até os 25". Zas engadiu que "volver para dirixir o Club é un soño que agora mesmo está cumprido".

Sobre o proceso electoral quixo destacar como feito "importante" que "Tino Fernández dispón dun número concreto de accións pero é que ademais houbo miles e miles de accións delegadas en Tino e alguén terá que reflexionar sobre iso".

Como canteirán deportivista na súa época de xogador, ao tratar acerca da parcela deportiva Zas quixo deixar claro que "é importante dar unha mensaxe de respectar á canteira do Deportivo".

Sobre a actualidade do primeiro equipo, o novo presidente apuntou que "o penalti de onte (que supuxo o tanto da vitoria ante o Mallorca no minuto 90+6) pode ser un punto de inflexión".