RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Paco Zas ve aos xogadores "enchufados ao cento por cento"

Paco Zas, presidente do Deportivo, atendeu aos medios de comunicación esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo.

Após presenciar a pé de campo o adestramento do primeiro equipo e do Fabril, viu "moita intensidade de principio a fin. Os xogadores están enchufados ao cento por cento. As sensacións por agora son boas".

Asegura que a vontade do Club é "cumprir ao máximo o que quere o adestrador, que é tratar de que cando empece LaLiga estean todos os asuntos solucionados. Non vai ser fácil pero imos tentalo".

Prefire non falar de número de fichaxes que restan, xa que as incorporacións, segundo Paco Zas, "van depender das saídas". "Quedan 45 días para o peche do mercado, e pode pasar de todo", apunta.

Advirte que o mercado "entrará en ebulición nos últimos 15 días. Temos que chegar a eses días con relativa tranquilidade. Agora mesmo o cadro, salvo un par de postos que necesitamos, está moi perfilada".

Sobre a presenza de fabrilistas co primeiro equipo, Paco Zas asegurou que será habitual "non só por necesidade, tamén por filosofía. A intención é que o primeiro equipo teña máximo 21 ou 22 fichas. Se o adestrador está contento e necesítaos... Unha das virtudes de Anquela é que non casa con ninguén".

Aprecia que "hai moito traballo feito. Trataremos de confeccionar un cadro moito máis competitivo. Os abonos van a un ritmo bastante bo. A venda de camisetas está a bater marcas. Despois dun verán moi curto polo play off, xeráronse moitísimas cousas".