RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parón do Nadal desde o 22 ao 29 de decembro pola tarde

Aproveitando o parón de competición oficial polas festas do Nadal, o primeiro equipo terá uns días de descanso.

Así, os futbolistas comezarán as súas vacacións o 22, xusto despois do partido de Copa en Riazor ante o Betis, previsto para o mércores 21 de decembro ás 21.00 horas.

Garitano citou de novo aos seus xogadores o xoves 29 de decembro pola tarde, en horario aínda pendente de confirmación.