RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Parón ligueiro esta semana para 7 equipos de #ANOSACANTEIRA

Mini xornada en #ANOSACANTEIRA esta fin de semana a consecuencia da festividade de Entroido. Por este motivo, teñen parón ligueiro Deportivo ABANCA B, Xuvenil B, Cadete A, Alevín A, Alevín B, Benxamín A e Benxamín B.

A xornada ábrea este venres 21 un interesante choque no grupo norte da Liga Galega. O Deportivo B, líder do grupo con 55 puntos, recibe en Abegondo ao Atlético Coruña Montañeros CF, segundo con 50 puntos. Será ás 18:00 no campo 3 da Cidade Deportiva. Un triunfo deportivista suporía un golpe case definitivo á liga.

Tamén xoga en Abegondo o Xuvenil A, o sábado 22 ás 16:30 ante o Ural CF, no derbi coruñés da División de Honra.

Os únicos que compiten fóra de casa son o Fabril e o Infantil A.

O filial visita ao CD Barco, 4º na táboa e agora mesmo último equipo en posición de playoff de ascenso a Segunda División B. Os ourensáns manteñen unha vantaxe de 5 puntos sobre o Fabril. O encontro pois se antolla de vital importancia de cara ás aspiracións branquiazuis.

Pola súa banda, o Infantil A, igualado a puntos co RC Celta no liderado da Fase polo Título Galego, mídense en Nigrán ao sempre incómodo Pontevedra CF.

O calendario semanal de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
25ª xornada: CD BARCO - FABRIL, o sábado 22 de febreiro ás 17:30 en Calabagueiros
Clasificación: ... 4. CD Barco (un partido menos), 40 puntos; 5. CSD Arzúa e CD Choco, 37 puntos; 7. Fabril (un partido menos) e UD Ourense, 35 puntos; 9. CD Estradense, 31 puntos...

Categoría feminina
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 2. CD Monte, 41 puntos; 3. Victoria FC e Oviedo Moderno CF B, 34 puntos; 5. Deportivo ABANCA B, 33 puntos; 6. CD Valladares, 32 puntos; 7. Sporting de Gijón B, 27 puntos...

Categoría xuvenil
23ª xornada: XUVENIL A - URAL CF, o sábado 22 de febreiro ás 16:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: ... 2. Sporting de Gijón, 56 puntos; 3. Xuvenil A e Real Racing Club, 38 puntos; 5. Bansander, 37 puntos; 6. Real Oviedo, 34 puntos...

Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 61 puntos; 2. Xuvenil B, 49 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 45 puntos...

Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 66 puntos; 2. RC Celta, 61 puntos...

23ª xornada: CADETE B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o venres 21 de febreiro ás 18:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B, 55 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF, 50 puntos...

Categoría infantil
6ª xornada: PONTEVEDRA CF - INFANTIL A, o sábado 22 de febreiro ás 12:30 no campo de Ureca (Nigrán)
Clasificación da Fase polo Título Galego: 1. RC Celta e Infantil A, 15 puntos; 3. CD Areosa, 12 puntos...

Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 63 puntos; 2. Ural CF B, 54 puntos...

Categoría alevín
Clasificación da Liga Comarcal: 1. Alevín A, 30 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF A, 26 puntos...

Clasificación da Primeira C: 1. Alevín B, 30 puntos; 2. Victoria CF C, 24 puntos...

Categoría benxamín
Clasificación da Liga Comarcal: 1. Benxamín A, 33 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz A, 30 puntos...

Clasificación da Primeira C: 1. Benxamín B, 30 puntos; 2. Victoria CF B, 23 puntos...