O dianteiro do Deportivo Carlos Fernández foi sometido a probas de imaxe para determinar o alcance exacto das molestias sufridas a pasada semana.
Carlos sofre unha lesión grao un no terzo medio-proximal do recto anterior do cuádriceps, polo que permanecerá en repouso deportivo ata que a súa situación permita a reincorporación ao grupo.