RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Parte médico da operación do xeonllo esquerdo de Juan Carlos Valerón

Hoxe sábado pola mañá foi operado sen complicacións o xeonllo esquerdo de Juan Carlos Valerón no Hospital USP Santa Teresa da Coruña. O equipo médico, integrado polos doutores Arriaza, Leis, Mestre e Cruz, procedeu á retirada da plastia anterior e a coloc

A intervención cirúrxica foi realizada baixo anestesia epidural e durou ao redor de dúas horas e media. Juan Carlos Valerón quedou ingresado uns días e terá que estar inmobilizado durante catro semanas cunha férula. A recuperación realizarase nos Servizos Médicos do Real Club Deportivo.
No quirófano tamén estiveron presentes na operación o doutor César Cobián e o fisioterapeuta do Real Club Deportivo Sergio Álvarez.
A partir deste momento, e ata que Juan Carlos Valerón reciba o alta hospitalaria, calquera variación ou novidade que se produza realizarase a través desta canle de comunicación.