RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Parte médico da xogadora deportivista Perdi

A futbolista do Deportivo Abanca Perdi foi sometida a probas médicas complementarias estes días para ditaminar o alcance exacto das molestias no seu xeonllo esquerdo, que a obrigaron a se retirar aos 20 minutos do encontro do pasado sábado en Arteixo ante o CD Monte.

Os Servizos Médicos do Club diagnosticáronlle unha rotura parcial do ligamento lateral interno e avulsión do ligamento cruzado posterior.

A partir de agora, Perdi inicia un tratamento conservador con ortese específica.

A súa evolución pasará paulatinamente polas fases habituais neste tipo de lesións. Polo tanto, xa non participará en partidos esta temporada.