Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo, á vista das probas médicas realizadas, comprobaron que Andrea Sierra sofre unha lesión muscular no seu cuádriceps dereito.
Así pois, a central bilbaína estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia; e, en función da súa evolución, pasará posteriormente á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.