RCD / NOVAS

Parte médico de Bruno Gama

10/01/2017 19:29

O xogador deportivista Bruno Gama foi sometido esta mañá a unha resonancia magnética no Hospital HM Modelo da Coruña, para ditaminar o alcance exacto das molestias sufridas no adestramento de onte luns en Abegondo.

Os Servizos Médicos do RC Deportivo diagnosticáronlle lesión muscular grao 1 do corpo do adductor medio esquerdo.

O futbolista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. Segundo o permita a súa evolución, pasará logo a unha fase de readaptación deportiva co readaptador Fran Molano, paso previo á súa incorporación definitiva aos adestramentos co grupo.

Máis novas de: BRUNO GAMA