RCD / NOVAS

Parte médico de Carlos Fernández

29/01/2019 11:45

Carlos Fernández sufriu o pasado domingo no partido no Molinón unha lesión muscular no bíceps femoral da súa coxa esquerda, segundo revelaron as probas de imaxe realizadas nas últimas horas polos Servizos Médicos do RC Deportivo.

O dianteiro deportivista permanecerá con tratamento de fisioterapia e repouso relativo nos próximos días, ata que poida iniciar o proceso de readaptación, como paso previo ao seu regreso ás actividades do equipo.