Claudio Beauvue sofre unha lesión muscular no bíceps femoral da súa perna dereita, segundo diagnosticaron os Servizos Médicos do RC Deportivo.
O dianteiro deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia; e, en función da súa evolución, pasará á fase de readaptación co readaptador Fran Molano, como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.