Unha vez analizadas as probas médicas pertinentes, os Servizos Médicos do Real Club Deportivo diagnosticaron a Cris Oreiro unha rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo.
A lesión da futbolista do Deportivo ABANCA, ocorrida o pasado domingo no transcurso do encontro ante o Victoria CF en Ponte dos Brozos (Arteixo), precisará cirurxía, que se programará cando se reduza o proceso inflamatorio inicial da articulación.