RCD / NOVAS

Parte médico de Eva Dios

26/09/2021 19:34

A exploración médica realizada esta mañá en Abegondo a Eva Dios confirmou que a canteirá do Deportivo ABANCA sofre unha escordadura do ligamento lateral externo do seu nocello dereito.

Onte sábado, Eva saltou ao céspede no minuto 63 do partido entre o Deportivo ABANCA e o Sporting de Gijón en substitución de Alba Merino. Dezasete minutos máis tarde, no 83, a futbolista galega lesionábase no nocello e tiña que ser relevada por Alejandra Serrano 'Ale'.

A polivalente xogadora branquiazul estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia; e, en función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.