Fede Cartabia sufriu na segunda parte do partido do pasado domingo ante o Nàstic unha rotura muscular grao 2-3 no aductor medio da súa coxa dereita.
O futbolista arxentino inicia tratamento conservador, con fisioterapia, ata que poida comezar o traballo de readaptación, previo ao seu regreso ao grupo.