RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Gaby García

A atacante do Deportivo ABANCA Gabriela García 'Gaby' sofre unha lesión muscular no tríceps sural.

A internacional venezolana estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia; e, en función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación deportiva, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo informaron á Federación Venezolana de Fútbol do estado físico de Gaby, que estaba convocada para xogar a Basque Country International Women's Cup, do 8 ao 11 de abril en Lezama e Zubieta.