RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Jaime

Durante o quecemento previo ao partido ante a UD Calahorra, Jaime Sánchez sufriu unhas molestias na súa coxa dereita.

O defensor gaditano foi sometido a probas médicas complementarias no Hospital Quirón Salud A Coruña, que revelaron unha lesión na musculatura aductora da súa perna dereita.

Jaime está xa con tratamento médico e de fisioterapia; e, en función da súa evolución, pasará á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.