RCD / NOVAS

Parte médico de Juan Carlos Menudo

31/08/2021 18:19

Juan Carlos Menudo foi sometido a probas médicas para ditaminar o alcance exacto das molestias que sufriu no adestramento do pasado luns en Abegondo.

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo confirmaron que o atacante branquiazul sofre unha lesión muscular no sóleo da súa perna dereita.

Menudo estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación física co readaptador Álex Canosa, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

Máis novas de: MENUDO