RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Keko

Keko foi sometido a probas médicas complementarias nas instalacións do Hospital Quirón A Coruña para coñecer o alcance exacto das molestias que arrastraba desde hai uns días no xemelgo dereito.

Os Servizos Médicos comprobaron que o atacante deportivista sofre unha lesión muscular no sóleo dereito, que o terá uns días con ximnasio, tratamento médico e fisioterapia.

En función da súa evolución, Keko iniciará posteriormente o proceso de readaptación física co readaptador Fran Molano. Será o paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.