RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Parte médico de Kika

A futbolista do Deportivo ABANCA Lourdes Yaurimar Moreno 'Kika' foi intervida no hospital HM Modelo co obxecto de realizar a retirada da placa e os parafusos que se implantaron para resolver a fractura de nocello que sufriu a temporada pasada.

Simultaneamente, efectuouse unha artroscopia da articulación do nocello, para resolver as molestias que a acompañaron ao longo da temporada.

Kika permanecerá en repouso relativo ata que poida iniciar o tratamento de fisioterapia, paso previo ao proceso de readaptación necesario para reincorporarse ao traballo co equipo.