17/04/2016 18:18 |
Luís Alberto, con molestias nun aductor
Luís Alberto viuse obrigado a pedir o cambio na segunda parte debido a unhas molestias no aductor da súa perna esquerda.
Luís Alberto foi sometido esta tarde a probas médicas complementarias para ditaminar o alcance exacto das molestias que lle obrigaron a retirarse do partido do pasado domingo no estadio Sánchez Pizjuán. O atacante deportivista sofre unha lesión muscular de grao 1 no aductor longo da coxa esquerda.
O '21' branquiazul estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. Segundo evolución, iniciará a continuación un plan específico de readaptación co readaptador Pablo López, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.