RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Michele Somma

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo confirmaron que Michele Somma sofre unha rotura desprazada do menisco interno que bloquea a articulación do seu xeonllo dereito, precisando de cirurxía.

O futbolista italiano, de acordo cos Servizos Médicos do Club, viaxa hoxe luns a Roma para pasar consulta co doutor Pier Paolo Mariani.

Nos próximos días, xa con todas as probas completadas, procederase a tomar unha decisión sobre o tratamento definitivo, que en calquera caso requirirá intervención cirúrxica, e sobre a data e lugar da operación á que terá que someterse Michele Somma.