RCD / NOVAS
Parte médico de Miku

Miku finalizou o partido do pasado domingo en Guijuelo cunhas molestias musculares.
Á vista das probas realizadas onte luns, os Servizos Médicos do Real Club Deportivo comprobaron que sofre unha lesión muscular no aductor da súa perna dereita.
O dianteiro deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia; e, en función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.