RCD / NOVAS

Parte médico de Mujaid

19/05/2020 11:04

O central deportivista Mujaid estará uns días con tratamento médico e traballo específico no ximnasio a consecuencia dunha lesión muscular na súa coxa dereita.

En función da súa evolución, o canteirán branquiazul irase incorporando progresivamente aos adestramentos co grupo.