RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Rubén Martínez

Rubén Martínez sufriu, no transcurso do adestramento de onte venres 1 de setembro en Abegondo, unha lesión no ligamento colateral cubital da articulación metacarpo falángica do seu pulgar dereito.

Precisará permanecer con el inmobilizado durante o período de cicatrización, aproximadamente unhas 4 semanas, como paso previo a comezar o tratamento de fisioterapia e reeducación deportiva, necesarios antes do seu regreso aos adestramentos.