RCD / NOVAS

Parte médico de Sidnei

10/03/2017 19:48

Sidnei foi sometido hoxe venres a probas médicas complementarias para ditaminar o alcance exacto das molestias na zona da ingua esquerda, que lle obrigaron a retirarse do partido deste pasado mércores en Riazor ante o Betis.

Os Servizos Médicos do RC Deportivo diagnosticáronlle unha lesión de grao 1 no pectíneo da cadeira esquerda.

O futbolista inicia a partir de agora tratamento médico e de fisioterapia. Segundo a súa evolución, comezará inmediatamente a etapa de readaptación con Fran Molano; paso previo á súa incorporación aos adestramentos co equipo.

Máis novas de: SIDNEI