RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico Juergen Elitim

Juergen Elitim foi sometido a probas médicas para comprobar o alcance exacto das molestias que sofre na súa perna dereita.

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo comprobaron que o atacante deportivista presenta unha lesión na musculatura isquiotibial.

Así pois, Juergen Elitim estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. En función da súa evolución, pasará á fase de readaptación física co readaptador Álex Canosa, como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.