07/08/2020 23:24 |
Borja Valle: "Voume orgulloso por todo o que vivín, por como acabou isto"
Os Servizos Médicos do Club diagnosticaron a Joselu unha pequeña disrupción da cicatriz da lesión do ligamento lateral interno do xeonllo lesionado. Inicia tratamento médico e de fisioterapia uns días antes de comezar readaptación física con Fran Molano. Pola súa banda, Borja Vale foi sometido a probas médicas para ditaminar o alcance da incidencia muscular que sufrió estes días. O diagnóstico é unha lesión de grao 2 do recto anterior do cuádriceps.
O futbolista berciano estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. Segundo evolución, acto seguido iniciará unha etapa de readaptación deportiva ás ordes do propio Fran Molano, previo paso ao seu regreso aos adestramentos co grupo.