RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Participantes nos DéporCampus Cabreiroá adestran cos equipos de #anosacanteira

Dentro das actividades que se desenvolven nos Déporcampus Cabreiroá 2018, algúns participantes das sedes realizadas en Galicia durante este verán puideron gozar dunha experiencia de adestramento na Cidade Deportiva de Abegondo, repartida en 3 xornadas por idades, os días 20 novembro (prebenxamíns e benxamins), 27 novembro (alevíns) e 29 de novembro (infantís).

Para a actividade, de carácter lúdico, asistiron 4 prebenxamíns, 11 benxamins, 14 alevíns e 6 infantís.

Nela contactouse e convidou a participantes de todos os DéporCampus Cabreiroá realizados en Galicia durante este verán: Abegondo, Ordes, Cuntis, Monforte, Caranza, Boiro, Ourense, As Pontes, Zas, Bertamirans, Dumbría e Viveiro, seleccionados polos técnicos do fútbol formativo do Real Club Deportivo, non só por méritos futbolísticos se non tamén por valores de compañeirismo, amizade, respecto polo rival, entre outros que se fomentan na actividade.

O Real Club Deportivo quere agradecer a todas as familias, pais e nais a súa colaboración para o desenvolvemento das xornadas e esperamos que puidesen gozar desta experiencia Dépor.

Os DéporCampus Cabreiroá 2018 péchanse a final deste ano coa celebración do II DéporCampus Cabreiroá Indoor, para o que está aberta a inscrición en www.rcdeportivo.es/deporcampusindoor.