RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Particulares, empresas e institucións súmanse ao accionariado do Dépor. Últimas 24 horas!

Durante todo o fin de semana e no último luns deste mes de xaneiro, decenas de particulares, empresas e institucións sumáronse ao accionariado do Real Club Deportivo. Entre estas últimas, dous clubs da cidade que así o comunicaron publicamente: o Orzán SD e o Ural. Xunto a eles, outros 25.078 accionistas xa teñen, polo menos, un título de propiedade do Dépor. Mañá martes 31 de xaneiro ás 23:59 h. conclúe a ampliación de capital do Real Club Deportivo.

Tanto comprar novas accións como converterse en accionista do Deportivo aínda é posible ata o último día deste mes para calquera persoa ou empresa. Pódense comprar entre 1 e 1.500 accións, ao prezo de 60,10 € cada unha, converténdose así en propietario do Dépor.

Para adquirir accións do RC Deportivo están habilitadas as seguintes vías:

· Directamente na web www.odeporeteu.gal

· De forma presencial na Oficina de Atención ao Deportivista (Avenida de La Habana · Estadio de Riazor) de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas.

· A distancia mediante ingreso/transferencia na conta corrente de Abanca ES55 2080 0000 7630 4019 9039 facendo constar "NIF ou CIF +nome + Ampliación de Capital RCD" e remitindo mediante correo electrónico a accionistas@rcdeportivo.es o xustificante da transferencia e os seus datos de contacto (nome, apelidos, DNI, data de nacemento, dirección, localidade, país, código postal, teléfono de contacto e correo electrónico do titular das mesmas).

· Telefonicamente chamando ao 981 259 500 (Oficina de Atención ao Deportivista) de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 19.00 horas.

Unha vez efectuada a adquisición de accións, tanto o boletín de compra como o carné de accionista estará á súa disposición na Oficina de Atención ao Deportivista. Tamén podes solicitarse en accionistas@rcdeportivo.es para o seu envío mediante correo ordinario á dirección que se indique.