Partido '10' do Fabril FC Benxamín na Primeira Autonómica de fútbol oito
O Fabril FC Benxamín asinou un partido '10' ante o CF Deportivo Orzán A (10-0), en partido correspondente á 7ª xornada da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo C.
David Ramos -2-, Álvaro -2-, Iván -2-, Dani, David Gómez, Hugo e Martín foron os goleadores fabrilistas.
Con este resultado, o Fabril FC Benxamín lidera o grupo con 15 puntos de 15 posibles. Segundo na táboa é o CD Calasanz A, que ten 12 puntos.
Fabril FC Benxamín: Roi, Yoel, Javi Barral, Dani, Jorge, David Gómez, David Ramos e Álvaro. Tamén xogaron: Roque, Martín, Iván e Hugo.
A próxima fin de semana, o Fabril FC Benxamín enfróntase ao Orillamar SD A.
Os resultados do Fabril FC Benxamín que dirixen Jacobo Saco e Alberto Bonigno até a data son os seguintes:
CF Deportivo Orzán A 1 - Fabril FC Benxamín 11 (Jorge -3-, Dani -3-, Javi -2-, Álvaro -2- e Martín) Orillamar SD A 1 - Fabril FC Benxamín 6 (Javi Barral, David Ramos -2-, Martín -2- e Dani) Fabril FC Benxamín 2 (Jorge e Marcos) - CD Calasanz A 1 Victoria CF B 1 - Fabril FC Benxamín 12 (Álvaro -3-, Martín -3-, Iván -2-, Javi, Jorge, Dani e David Ramos) Fabril FC Benxamín 10 (David Ramos -2-, Álvaro -2-, Iván -2-, Dani, David Gómez, Hugo e Martín) - CF Deportivo Orzán A 0