RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Partido amigable o mércores para o Cadete B e a fin de semana, torneo en Marín para Alevín A e Benxamín A

O Cadete B, líder do grupo norte da Liga Galega, ten partido amigable esta semana en Abegondo, o mércores 4 de decembro ante a Selección Galega sub-14.

Ademais, dous equipos de #ANOSACANTEIRA xogarán a fin de semana un torneo amigable en Marín (Pontevedra): o 5º Torneo Internacional Tucho de la Torre.

O Alevín A terá como rivais iniciais ao EF Villa de Marín, Real Oviedo, Rayo Vallecano e un equipo procedente da Fase Previa.

Pola súa banda, o Benxamín A medirase en primeira instancia ao Real Valladolid, RC Celta, Real Oviedo e un equipo da Fase Previa.

O calendario é o seguinte:

Categoría cadete
CADETE B - SELECCIÓN GALEGA SUB-14, o mércores 4 de decembro ás 19:00 en Abegondo (campo 5)

Categoría alevín
5º Torneo Internacional Tucho de la Torre no campo de San Pedro (Marín)
Primeira Fase
Sábado 7 de decembro
11:00: ALEVÍN A - EF VILLA DE MARÍN (campo 2)
13:00: ALEVÍN A - REAL OVIEDO (campo 2)
15:30: RAYO VALLECANO - ALEVÍN A (campo 2)
17:30: EQUIPO DA FASE PREVIA - ALEVÍN A (campo 2)
Os 4 primeiros acceden a cuartos de final, que arrancan ás 19:30 no campo 2.

Categoría benxamín
5º Torneo Internacional Tucho de la Torre no campo de San Pedro (Marín)
Primeira Fase
Sábado 7 de decembro
11:30: BENXAMÍN A - REAL VALLADOLID (campo 1)
14:00: BENXAMÍN A - EQUIPO DA FASE PREVIA (campo 1)
16:30: REAL OVIEDO - BENXAMÍN A (campo 1)
18:30: RC CELTA - BENXAMÍN A (campo 1)
Os 4 primeiros acceden a cuartos de final, que arrancan ás 19:30 no campo 1.