RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Partido dez do Orzán SD Cadete Feminino ante o Caldas CF

O Orzán SD Cadete Feminino asinou un partido de dez ante o Caldas CF (10-0), correspondente á 4ª xornada na Liga Galega.

Candela Moreno, María Vilariño -2-, Antía García, Alexia Freire, Sara Domínguez, Ana Capelo -2- e Paula Sánchez -2- foron as goleadoras orzanistas.

Con este marcador, o Orzán SD Cadete Feminino é cuarto na táboa con 9 puntos.

Orzán SD Cadete Feminino: Martina Rivas, Uxía López, Mica Aller, Daniela Basalo, Noelia Furelos, Mica Baratelli, Sara Domínguez, Ana Capelo, Maca González, María Vilariño e Candela Moreno. Tamén xogaron: Alexia Freire, Candela Fernández, Paula Bermúdez, Antía García e Paula Sánchez.

A próxima fin de semana, o Orzán SD Cadete Feminino visita ao UD Mos, líder da categoría.

Os resultados do Orzán SD Cadete Feminino até a data son os seguintes:

Orzán SD Cadete Feminino 2 (Ana Capelo e Maca González) - Umia CF 0
EF Femenino Rosalía 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Antía García)
Victoria CF 3 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e María Vilariño)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Candela Moreno, María Vilariño -2-, Antía García, Alexia Freire, Sara Domínguez, Ana Capelo -2- e Paula Sánchez -2-) - Caldas CF 0