RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Partido fronte á Torre C sen complicacións para o Benxamín B

O Benxamín B sacou adiante sen apenas complicacións (1-10) o seu partido pertencente á 6ª xornada da Segunda Comarcal A Coruña. Ioan -4-, Nico -2-, Caaveiro, Cristian, Uxío e Sergio foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este resultado, o Benxamín B segue á fronte da táboa con 15 puntos de 15 posibles.

Benxamín B: Adrián, Mauro, Gael, Caaveiro, Uxío, Nico, Ioan e Pablo. Tamén xogaron: Aarón, Sergio, Yago Vázquez, Yago Trigo e Cristian.

O Imperátor C será o próximo rival do Benxamín B.

Os resultados até a data do Benxamín B foron os seguintes:

Ural C 0 - Benxamín B 9 (Ioan -3-, Pablo -2-, Uxío -2-, Trigo e Yago Vázquez)
Benxamín B 11 (Ronquete -3-, Sergio -2-, Ioan -2-, Gael, Yago Trigo, Caaveiro e Uxío) - Atlético San Pedro B 0
Betanzos B 0 - Benxamín B 12 (Ioan -3-, Uxío -3-, Nico -2-, Paulo -2-, Sergio e Yago Trigo)
Benxamín B 6 (Nico -2-, Uxío -2-, Ioan e Paulo) - Calasanz C 1
Torre C 1 - Benxamín B 10 (Ioan -4-, Nico -2-, Caaveiro, Cristian, Uxío e Sergio)