RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Partido once contra once e estratexia para concluír un día longo para o Dépor

Un partido 11 contra 11 no campo 2 e un ensaio de accións a balón parado puxeron o punto e final esta tarde á segunda xornada de Luis César á fronte do Dépor, nun día que, do mesmo xeito que o de onte mércores, arrincou ás 09:00 co almorzo e, con pausa para comer, finalizou pasadas as 19:30 horas.

O técnico branquiazul tivo á súa disposición exactamente os mesmos futbolistas da mañá.

Batería de exercicios tácticos na sesión matinal do Dépor

Luis César dispuxo esta mañá, na primeira das dúas sesións previstas para hoxe xoves, unha batería de exercicios tácticos no campo 2 da Cidade Deportiva.

O técnico branquiazul quere plasmar o seu selo desde o primeiro partido, xa o deste domingo 13 de outubro no Estadio de Gran Canaria (20:00 hora insular, 21:00 hora peninsular, #Imos).

Por este motivo, Luis César non deixa de dar instrucións aos seus xogadores en cada acción, após cada xogada.

A mañá comezou na sala de vídeo e, acto seguido, os xogadores saltaron ao céspede para un quecemento dirixido por Marcos Marcén.

Sen os internacionais Gaku, Montero, Mollejo e Lampropoulos, tiveron un adestramento específico Somma, David Simón, Koné e Luis Ruiz; mentres que repetiron 9 fabrilistas: Boian, Bourdal, Mujaid, Valín, Eimil, Martí Vilà, Gandoy, Javi Sánchez e Kanoute.

Mañá venres 11 de outubro, o cadro está citado en ABANCA-RIAZOR para unha sesión a porta pechada que arrincará ás 10:30 horas.

Será o último adestramento na Coruña previo ao partido ante a UD Las Palmas, previsto para o domingo 13 de outubro ás 21:00 horas (20:00 hora insular, #VAmos) no Estadio Gran Canaria. A sesión do sábado 12 de outubro será xa na Cidade Deportiva do conxunto canario.