RCD / NOVAS

Partido once para once en Riazor

02/12/2016 13:19

O Deportivo adestrouse a porta pechada esta mañá en Riazor, coa mente posta na visita da Real Sociedad, este luns 5 de decembro (20.45, Gol TV).

O adestramento consistiu fundamentalmente nun partido once para once, coa novidade de Borja Vale e Ryan Babel, de novo co grupo toda a sesión (aínda sen alta médica); e co fabrilista Hugo Díaz.

Laure e Bruno Gama tiveron un adestramento de readaptación nas instalacións de Casa da Auga en Riazor.

Mañá sábado, a partir das 10.30, o Dépor regresa á cidade deportiva de Abegondo.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Sábado 3 de decembro
10.30: Adestramento en Abegondo

Domingo 4 de decembro
10.30: Adestramento en Abegondo

Luns 5 de decembro
20.45: Deportivo - Real Sociedad, en Riazor