RCD / NOVAS

O Deportivo ABANCA consegue a victoria a domicilio ante o colista

16/03/2019 17:57

O Deportivo ABANCA cumpriu (1-5) na súa visita ao pechacancelas do grupo 1º de Segunda División Nacional, o CD Oceja cántabro.

A diferenza técnica e física entre ambos os equipos fíxose notar en todo o partido correspondente á 22ª xornada.

Peke -3-, Alba Merino e Iris foron as goleadoras branquiazuis.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA suma 64 puntos á fronte da clasificación da categoría.

Deportivo ABANCA: Curbelo, Cris, Érika, Laura, Iris, Teresa, Yamamoto, Lía, Alba Merino, Ali Muñoz e Peke. Tamén xogaron: Miralles, Gaby, Nuria e Patri Díaz.

O vindeiro domingo, o Deportivo ABANCA recibe en Abegondo ao Victoria FC de Santiago. Pero antes, este martes 19 de marzo (12:00), día festivo, o cadro branquiazul mídese na Cidade Deportiva ao Atlántida de Matamá, en partido correspondente á 2ª xornada do grupo 1º da Copa de Segunda División Nacional.

A campaña transcorre así para o equipo que prepara Manu Sánchez:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - CPM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo ABANCA 8 (Érika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 5 (Gaby -2-, Miriam e Kika -2-) - CDE Rácing Féminas 1
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA 4 (Michelle Romero -2-, Peke e Alba Merino)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -5-, Alba Merino e Érika) - Gijón FF 0
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA 5 (Michelle Romero, Ali, Nuria Rábano -2- e Peke)
Deportivo ABANCA 8 (Ali Muñoz -2-, Kika -2-, Gaby, Alba Merino, Érika e Yamamoto) - CD Oceja 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Alba Merino, Gaby e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 5 (Peke, Yamamoto, Alba Merino, Gaby e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 0
Deportivo ABANCA 12 (Teresa -2-, Yamamoto, Alba Merino -3-, Peke, Gaby -3- e Ali Muñoz -2-) - SCD Atlántida de Matamá 0
Oviedo Moderno CF 1 - Deportivo ABANCA 3 (Miriam, Gaby e Peke)
CPM Friol CD Lugo 2 - Deportivo ABANCA 3 (Gaby, Teresa e Peke)
Deportivo ABANCA 2 (Gaby e Peke) - Victoria CF 0
CD Monte 0 - Deportivo ABANCA 3 (Iris, Kika e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 14 (Michelle Romero -2-, Alba Merino -3-, Teresa, Yamamoto -2-, Ali Muñoz, Gaby -3-, Nuria e unha futbolista rival en propia meta) - Atlético Arousana 0
CDE Racing Féminas 0 - Deportivo ABANCA 3 (Michelle Romero e Alba Merino -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Alba Merino, Michelle Romero, Peke, Lía, Nuria, Ali Muñoz e unha futbolista rival en propia meta) - Sporting de Gijón 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 9 (Michelle Romero -2-, Peke -3-, Gaby, Iris, Ali Muñoz e Yamamoto)
Deportivo ABANCA 11 (Peke -5-, Laura, Iris, Yamamoto, Michelle Romero e Alba Merino -2) - CD Valladares 0
CD Oceja 1 - Deportivo ABANCA 5 (Alba Merino, Iris e Peke -3-)