RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Partido transcendental para Teresa e Malena no Campionato de Europa sub-19

As xogadoras do Deportivo ABANCA Malena Mieres e Teresa Abelleira iniciaron esta semana en Suíza, coa selección española, a defensa do título de campioas de Europa sub-19.

A gardameta e centrocampista branquiazuis teñen mañá sábado (18:15 horas) no estadio Herti Allmend de Zug unha cita transcendental ante a anfitrioa, Suíza.

Na primeira xornada disputada o pasado mércores, con Teresa Abelleira no once titular e Malena no banco, as españolas non puideron coas norueguesas (0-2), que sentenciaron con 2 tantos en 8 minutos da primeira parte.

O calendario do equipo español, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Mércores 18 de xullo
ESPAÑA 0 - NORUEGA 2

Sábado 21 de xullo
18:15: SUÍZA - ESPAÑA, no estadio Herti Allmend (Zug)

Martes 24 de xullo
18:15: FRANCIA - ESPAÑA, no estadio Herti Allmend (Zug)

Os dous primeiros de cada grupo pasan ás semifinais (venres 27 de xullo) e os vencedores á final (luns 30 de xullo).