RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Paso á fronte do Deportivo ABANCA

A base de oficio liquidou o Deportivo ABANCA o seu partido en Vigo ante o Sárdoma (0-2), correspondente á 18ª xornada no grupo 1º de Segunda División Nacional.

A pesar de non ser un dos seus mellores partidos, as branquiazuis anotaron os dous goles en cinco minutos, grazas ao acerto de Gaby e Jone, e apenas pasaron apuros ante un rival clasificado na zona media-alta do grupo.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA suma 52 puntos á fronte da clasificación, por 51 puntos do Oviedo Moderno, segundo na táboa.

Deportivo ABANCA: Malena, Raquel, Miriam, Mérida, Teresa, Iris, Peke, Gaby, Jone, Lía e Kika. Tamén xogaron: Miga e Patri.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA recibe en Ponte dos Brozos (Arteixo) ao CDE Racing Féminas.

Os resultados do Deportivo ABANCA en liga son os seguintes:

Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa Abelleira -3-, Kika -2-, Sara e Peke)
Deportivo ABANCA 6 (Gaby -2-, Lía, Peke, Teresa Abelleira e Miriam) - Atlántida de Matamá 1
Deportivo ABANCA 9 (Estefi -2-, Kika, Miriam, Gaby, Peke e Jone -3-) - CD Femiastur 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Raquel, Sara e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -3-, Lía, Iris, Sara e Peke) - Sárdoma 0
CDE Racing Féminas 1 - Deportivo ABANCA 2 (Peke -2-)
Deportivo ABANCA 13 (Gaby -2-, Estefi -7-, Jone -2-, Peke e unha futbolista rival en propia meta) - CF Vimenor 0
CD Monte 2 - Deportivo ABANCA 2 (Miriam e Peke)
Deportivo ABANCA 16 (Peke, Gaby -2-, Kika -4-, Laura -2-, Miriam -3-, Estefi -2- e Jone -2-) - UD Llanera 0
Oviedo Moderno 0 - Deportivo ABANCA 1 (Peke)
Deportivo ABANCA 4 (Teresa, Peke, Gaby e Jone) - Sporting de Gijón 0
Victoria CF 1 - Deportivo ABANCA 4 (Gaby, Peke, Estefi e Nuria)
Deportivo ABANCA 7 (Iris, Gaby, Jone -2-, Estefi e dúas futbolistas rivais en propia meta) - CPM Friol 1
Deportivo ABANCA 9 (Peke -4-, Nuria -3-, Sara e Silvia Mérida) - Gijón FF 0
Atlántida de Matamá 1 - Deportivo ABANCA 4 (Lía, Nuria -2- e Peke)
CD Femiastur 0 - Deportivo ABANCA 4 (Kika, Gaby, Jone e Peke)
Deportivo ABANCA 8 (Gaby, Kika, Nuria, Peke, Lía, Jone -2- e Oreiro) - Victoria FC 0
Sárdoma 0 - Deportivo ABANCA 2 (Gaby e Jone)