RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Paso adiante do Deportivo ABANCA ante o Femiastur

O Deportivo ABANCA deu un paso máis cara ao título ligueiro ao derrotar con solvencia (0-4) ao CD Femiastur en Avilés (Asturias), con tantos de Kika, Gaby, Peke e Jone, en partido correspondente á 16ª xornada no grupo 1º de Segunda División Nacional.

Aínda sen ser un partido sobresainte, ás branquiazuis bástalles a súa solidez en defensa e a súa pegada en ataque para sacar adiante sen sobresaltos os seus partidos.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA suma 46 puntos no liderado do grupo. O Oviedo Moderno, segundo na táboa, suma agora 45 puntos.

Deportivo ABANCA: Malena, Raquel, Miriam, Silvia Mérida, Iris, Lía, Nuria, Kika, Miga, Peke e Gaby. Tamén xogaron: Oreiro, Sara, Jone e Patri.

A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA recibe en Ponte dos Brozos (Arteixo) ao Victoria FC de Santiago.

Os resultados do Deportivo ABANCA en liga son os seguintes:

Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa Abelleira -3-, Kika -2-, Sara e Peke)
Deportivo ABANCA 6 (Gaby -2-, Lía, Peke, Teresa Abelleira e Miriam) - Atlántida de Matamá 1
Deportivo ABANCA 9 (Estefi -2-, Kika, Miriam, Gaby, Peke e Jone -3-) - CD Femiastur 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Raquel, Sara e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -3-, Lía, Iris, Sara e Peke) - Sárdoma 0
CDE Racing Féminas 1 - Deportivo ABANCA 2 (Peke -2-)
Deportivo ABANCA 13 (Gaby -2-, Estefi -7-, Jone -2-, Peke e unha futbolista rival en propia meta) - CF Vimenor 0
CD Monte 2 - Deportivo ABANCA 2 (Miriam e Peke)
Deportivo ABANCA 16 (Peke, Gaby -2-, Kika -4-, Laura -2-, Miriam -3-, Estefi -2- e Jone -2-) - UD Llanera 0
Oviedo Moderno 0 - Deportivo ABANCA 1 (Peke)
Deportivo ABANCA 4 (Teresa, Peke, Gaby e Jone) - Sporting de Gijón 0
Victoria CF 1 - Deportivo ABANCA 4 (Gaby, Peke, Estefi e Nuria)
Deportivo ABANCA 7 (Iris, Gaby, Jone -2-, Estefi e dúas futbolistas rivais en propia meta) - CPM Friol 1
Deportivo ABANCA 9 (Peke -4-, Nuria -3-, Sara e Silvia Mérida) - Gijón FF 0
Atlántida de Matamá 1 - Deportivo ABANCA 4 (Lía, Nuria -2- e Peke)
CD Femiastur 0 - Deportivo ABANCA 4 (Kika, Gaby, Jone e Peke)