RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Paso adiante esta mañá de Nolaskoain e Longo

Peru Nolaskoain e Samuele Longo deron esta mañá un paso máis cara á súa recuperación das súas respectivas lesións, tal e como explicou Juan Antonio Anquela en rolda de prensa, ao afirmar que están "moi preto" de regresar á competición.

De feito, o técnico deportivista cre mesmo que podería contar con eles para a próxima semana, con dous partidos máis (mércores en ABANCA-RIAZOR ante o CD Numancia e sábado en Cádiz): "Samuele máis aínda que Peru", matiza.

Esta mañá, ambos os futbolistas completaron o adestramento co grupo, iso si, nunha mañá con baixa carga física, cun traballo preventivo, xogos, fútbol-tenis e ensaio de accións a balón parado supervisado polo técnico Alejandro Esteve.

Así pois, só estiveron con traballo específico Somma e Borja Valle, que saíu a realizar carreira continua con zapatillas de deporte.

Os fabrilistas Mujaid, Gandoy, Valín, David Sánchez e Javi Sánchez adestráronse hoxe co primeiro equipo.

Mañá sábado, o equipo adestrarase en Abegondo a partir das 10:30 horas. Ao finalizar o adestramento, Juan Antonio Anquela dará a lista de convocados que se desprazarán pola tarde a Xixón por estrada.