RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Patri López métese en cuartos do torneo Gamher coa maior goleada: 10 goles que se converten en 5.000 euros para Médicos do Mundo

A xogadora do Dépor ABANCA Patri López conseguiu a maior goleada dos oitavos de final, 10-6 ao Madrid CFF, o que se traduce na maior achega solidaria da primeira fase. Nela anotáronse unha total de 60 goles, o que supón unha suma de 30.000 euros que irá destinada para a doazón de material de protección ao persoal sanitario a través da ONG Médicos do Mundo

O primeiro torneo feminino online de FIFA 20, Gamher, organizado pola Real Federación Española de Fútbol e Iberdrola con xogadoras da Primeira Iberdrola xa completou a rolda previa. Nela, os emocionantes duelos depararon os seguintes resultados:

PARTIDO

RESULTADO

Atlético de Madrid (Olga García) - UDG Tenerife Egatesa (Cindy García)

4-2

Deportivo Abanca (Patricia López) - Madrid CFF (Paola Ulloa)

10-6

FC Barcelona (non participa) - RCD Espanyol de Barcelona (Anna Torrodà)

Clasificado o RCD Espanyol

EDF Logroño (Isabel Longa) - Real Sociedad (Ana Tejada)

4-0

Sporting Huelva (Cinta Rodríguez) - Real Betis Balompié (Rosa Márquez)

4-7

CD Tacón (Xema Prieto) - Rayo Vallecano (Sheila García)

2-4

Sevilla FC (Raquel Pinel) - Athletic Club (Eunate Arriaza)

5-3

Levante UD (Sandra Torres) - Valencia FCF (Marta Carro)

4-5

Esta choiva de goles trae as mellores consecuencias, xa que, por cada gol marcado, Iberdrola doou 500 € para dotar de material de protección ao persoal sanitario a través da ONG Médicos do Mundo. Os 60 goles anotados polas xogadoras da Primeira Iberdrola lograron sumar 30.000 € para tan boa causa.

Ademais, ao longo do evento incentivaranse as doazóns de particulares, empresas e público xeral que se queiran unir á causa de Médicos do Mundo, que se poderán realizar a través da plataforma WORLDCOO: 

https://bit.ly/doar_gamher

Próximas roldas

Os cuartos de final e semifinais terán lugar o día 1 de maio a partir das 18:00 horas e a final nacional está prevista para o día 3 de maio á mesma hora.

A partir dese momento, comezará a fase internacional, coa final que enfrontará ás dúas seleccións, a española e a estranxeira, a través das súas xogadoras representantes, o 8 de maio.