RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Patri López renova co Dépor ABANCA

Patricia López Andrés (Melide, 29 de novembro de 2000) renova por unha temporada o seu compromiso co Deportivo ABANCA con ficha do filial.

Patri xa foi convocada en 10 partidos de Primeira Iberdrola e 1 de Copa da Raíña por Manu Sánchez esta temporada, xogando 3 de liga, 2 como titular, para acumular un total de 154 minutos.

Co Deportivo ABANCA B xogou 17 partidos, todos como titular, un total de 1.598 minutos e anotou 8 goles.

A renovación de Patri únese ás de Sullastres, Peke, Athenea, Cris, Alba Merino, Noelia Villegas, Carlota Sánchez e Sara Álvarez; e ás fichaxes de Noelia Bermúdez, Stephannie Blanco e Helena Torres.