RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Patri Rúa continuará no cadro do Deportivo ABANCA

Patri Rúa chegou a un acordo para continuar nas filas do Dépor ABANCA.

A lateral esquerda chegou o pasado verán procedente do Sárdoma CF e na súa primeira temporada compaxinou convocatorias co Dépor ABANCA e o Dépor ABANCA B.

A defensa ourensá, de 20 anos, disputou 17 dos 26 partidos de Segunda Nacional co primeiro equipo, e mesmo viu porta nunha ocasión, ante o Racing Féminas na 19ª xornada.

Con esta renovación, o adestrador do Deportivo ABANCA, Manu Sánchez, conta a día de hoxe con 17 futbolistas: Anita (porteira), Cris, Laura, Mérida, Raquel, Miriam, Érika, Patri Rúa (defensas), Teresa, Kika, Iris, Alba Merino (centrocampistas), Gaby, Peke, Michelle Romero, Nuria e Ali Muñoz (dianteiras).