RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Patri Rúa, terceiro reforzo do Dépor Abanca

Patricia Díaz Rúa (Ourense, 6 de novembro de 1998), coñecida deportivamente como Patri Rúa, é a terceira cara nova do Deportivo Abanca 2017-2018, a que será a segunda temporada da historia do conxunto feminino branquiazul.

Patri Rúa é unha futbolista forte e rápida, que actúa como lateral esquerda de longo percorrido. Procede do Sárdoma CF, de Vigo, co que alcanzou a sétima posición no grupo 1 da Segunda División Nacional, a mesma liga na que o Dépor Abanca colleitou o subcampionato. Nesa mesma categoría, o Sárdoma, con Patri Rúa nas súas ringleiras, logrou a terceira posición na Temporada 2015-2016.

A xogadora ourensá, que mide 1,59 metros e pesa 60 quilos, comezou a xogar ao fútbol con 6 anos, nas filas do Coia, equipo que abandonou aos 12 anos, para recalar no El Olivo, club no que compaxinou fútbol sala e fútbol 11. Con 15 anos fichou polo Sárdoma para dedicarse por completo ao fútbol en campo grande.

Con esta fichaxe, o corpo técnico comandado por Manu Sánchez conta xa con 17 xogadoras: Anita, Estefi, Miriam, María Corral, Nuria, Raquel, Tere Abelleira, Kika Moreno, Gaby García, Cris, Lía, Malena, Miga, Gere, Silvia Mérida, Peke e Patri Rúa.