Paula Monteagudo, do Dépor ABANCA B, premiada na súa cidade natal
Paula Monteagudo, centrocampista do Deportivo ABANCA B, acaba de ser galardoada en Vigo, a súa cidade natal, co Premio VIDE pola súa excelencia na temporada 2020-21.
"É unha homenaxe ao traballo ben feito, ao deporte levado á excelencia", comentou na entrega do galardón o alcalde vigués, Abel Caballero.
A futbolista branquiazul, que anotou a pasada fin de semana en Abegondo un dos dous goles do seu equipo ante o UD Mos, visita co Dépor ABANCA B este domingo precisamente ao Sárdoma CF, club no que se formou e ademais liderou até tal punto de ser premiada polo Concello de Vigo.