RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pedro Mosquera e Adrián, novidades na lista de convocados para recibir ao Girona

Pedro Mosquera e Adrián López, que recibiron estes días a alta médica, son as dúas principais novidades do Deportivo para o encontro de mañá luns 23 de outubro no Estadio ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Gol TV) ante o Girona, na 9ª xornada de LaLiga Santander.

Pepe Mel citou para o choque a 18 futbolistas, entre os que se atopa a meta fabrilista Francis. Quedan fóra por lesión Rubén Martínez e Carles Gil.

O equipo esta mañá, co fabrilista Francis, realizou un adestramento de alta intensidade no Estadio, a porta pechada, cun exercicio de posesión, un circuíto físico con remates a portaría e, para concluír, un partido táctico a tres cuartas partes de campo.

Os convocados concéntranse mañá luns para comer no Hotel Meliá María Pita. Ao acabar o partido, todos eles cearán xuntos de novo no hotel, co fin de coidar ao máximo a alimentación e facilitar así a recuperación física para unha semana con tres choques oficiais.

O persoal adestrarase de novo en Abegondo o martes 24 de outubro ás 18:00, para comezar a preparar xa o encontro de Copa ante As Palmas (ida de dezaseisavos de final), previsto para o xoves 26 de outubro no Estadio ABANCA-RIAZOR (20:30 horas, Bein LaLiga).