RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pedro Mosquera recoñece que ao equipo "faltoulle un pouco de eficacia"

Pedro Mosquera e Fabian Schär compareceron ante os medios informativos na zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O capitán do Deportivo manifestou que ao equipo esta noite faltoulle "un pouco de eficacia. Tivemos varias oportunidades de marcar, non o fixemos. Eles conseguiron marcar cun rexeite, o partido púxose costa arriba e logo custounos moito".

Queda o mediocentro coruñés con que "tivemos ocasións, xeramos fútbol por dentro, por fóra. Pero non puido ser neste partido e temos que seguir traballando".

Pola súa banda, Fabian Schär, que debutou na liga española, recoñeceu que Sergio Ramos propinoulle "un bofetón".

Preguntado sobre se o madridista pediulle perdón, o internacional suízo confesou que non, "aínda que non fai falta".