RCD / NOVAS

Pedro Mosquera será avaliado nas próximas horas dunhas molestias na coxa dereita

14/09/2017 13:10

Pedro Mosquera non se adestrou esta mañá co grupo. O capitán do Dépor tivo sesión de fisioterapia a consecuencia dunhas molestias na coxa dereita. Será sometido a probas médicas nas próximas horas para ditaminar o alcance exacto desta doenza.

Están de baixa médica cara ao partido deste sábado 16 de setembro no Benito Villamarín de Sevilla (18:30 horas, Bein LaLiga) Carles Gil e Rubén Martínez.

Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista.

Máis novas de: PEDRO MOSQUERA