RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pedro Mosquera será nomeado mañá 'Pirata de Honra' na estrea de imaxe de #ONosoBus

O capitán do Deportivo, o coruñés Pedro Mosquera, será nomeado mañá venres 15 de decembro ás 20:30 horas na Sala do Voluntariado do Concello de Muxía 'Pirata de Honra', galardón que cada ano outorga a Pena Deportivista Piratas de Muxía, unha das máis activas da Costa da Morte.

O pobo de Muxía servirá ademais de incomparable escenario para a presentación da nova imaxe de #ONosoBus. Para iso, o autocar no que os xogadores branquiazuis desprázanse aos partidos estará na citada localicad coruñesa mañá venres ás 15:00 horas, para que tamén poida ser visitado polos afeccionados deportivistas da comarca.

Ademais, en #ONosoBus instalarase unha pequena DéporTienda na que os seguidores que o desexen poderán adquirir calquera produto oficial do RC Deportivo.