RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pedro Sánchez: "O equipo vai ir de menos a máis. Está a traballar moi ben"

Pedro Sánchez compareceu ante os medios informativos esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

O atacante deportivista asegura que "o equipo vai ir de menos a máis. Está a traballar moi ben".

Viu no partido de Alcorcón do pasado sábado "moita segunda xogada, moito control... Chegamos tarde en segundas xogadas. Eles eran capaces de coller todas as segundas xogadas, faltas, ínflanche a saques de esquina. Pero o equipo competiu. Tivo a oportunidade de lograr o empate. Non puido ser e unha pena".

Lembrou que Santo Domingo é "un campo moi difícil" e o equipo madrileño, "un rival difícil. Sabe moi ben ao que xoga".

Non cre que os contrarios collesen o truco ao sistema de Natxo González: "Levamos 4 partidos fóra de casa e hai momentos do partido en que eles tamén teñen que atacar, están na súa casa. Hai momentos, como pasou co Extremadura, Tenerife e Albacete, que tiñamos ben controlado o partido, momentos de 10, 15 minutos... É difícil controlar os 90 minutos. Estamos a tentar ter máis regularidade para controlar os partidos. Saber que imos ter momentos malos e saber como facelo".

A nivel persoal, está "contento" coa misión que lle encomenda o técnico deportivista. "Hai que seguir traballando para estar mellor cada domingo e a seguir competindo", engade.

Preguntado pola boa serie do Málaga, líder da competición, opina que "non nos podemos comparar con outros equipos. Temos que mirar a nós mesmos. Mellorar cada día, cada domingo para tentar sumar de 3 en 3 puntos e coller unha boa serie".

Pide ir "partido a partido. Isto é moi difícil, moi longo. Primeiro hai que pensar no Granada".

Após pasar polo conxunto andaluz a campaña pasada, Pedro Sánchez advirte do potencial do Granada, rival do Dépor o luns 24 de setembro no ABANCA-RIAZOR (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), en partido correspondente á 6ª xornada en LaLiga 1|2|3: " Vai ser moi difícil. Ten moi bos xogadores, moi bo equipo. Vén en moi boa dinámica. Imos tentar rachar esa dinámica".